
Nestes talleres os participantes teñen a oportunidade de explorar os propios recursos, observar a personaxe que utilizamos a cotío, traspasala, e así profundizar no coñecemento de un mesmo e dos propios límites.
OBXECTIVO PRINCIPAL DOS MONOGRÁFICOS. Conectar co potencial creativo e a propia forza a través dos arquetipos. Descubrir cales predominan en cada un de nós e cales nos gustaría desenvolver: O Herói, a Víctima, a Nai, o Diaño, Diana Cazadora, a Virxe, o Neno, o Tramposo, o Iluminado e o Simple. Cada un ten un misterio, unha enerxía. E TI, CAL CRES QUE NON ES?
SISTEMA DE TRABALLO basado na técnica de Michel Chejov no que se refire ao xesto psicolóxico (xesto físico+frase): cada arquetipo ten un centro de enerxía onde te colocas e de onde xurde a vida da personaxe (voz, ritmo, e movemento), por exemplo, no caso do herói o centro sería o peito. Por outro lado ten cada un o seu disparador, frase clave para atopar o arquetipo e no caso do heroi sería “Claro que podo”. Unimos así corpo e mente.
Trátase de explorar os proprios talentos e ir integrando os novos matices que xurden ao longo do proceso, revisando así o autoconcepto.
Datas: 22 Novembro, 13 Decembro, 24 Xaneiro, 21 Febreiro, 21 Mazo, 18 Abril, 23 Maio, 20 Xuño, 18 ullo, 8 Agosto.
Horario: 10 a 14,30h.
Lugar: Espazo de Teatro CreArte, Rua Agelo 1, baixo1, Bertamiráns.
Participantes: 5 participantes
Cuota: 45€ monográfico.
Acompaña: Nekane Fernández
653474085
capes36@hotmail.com
Nekane é Doutora en Teatro e Expresión corporal pola UDC. Psicóloga formada en gestalt, e actriz.
Nekane Fórmase en diferentes cursos de Interpretación ante a cámara con directores de cine como Mariano Barroso ou Jaime Chávarri; de teatro como Claude Boucheval, Jacques Nichet, Helena Pimenta ou Johnn Wright. En clown da man de Johny Melville, Philippe Gaulier ou Elliot, Alan Vignau ou Nestor Muzo. En cabaret, técnica vocal e clown terapéutico con diferentes mestres.
Traballa como actriz en compañías como o CDG, Chévere, ou Contracontos.
No audiovisual participa en series da TVG como Rías Baixas ou Padre Casares.
Ten 20 anos de experiencia como formadora en Teatro e Clown para nen@s e adultos, especializándose no traballo con Arquetipos para actores en non actores.
Actualmente participa nos previos da formación de Terapia Gestalt na escola Guibor impartindo o módulo de Teatro. Tamén realiza terapia individual con liña gestáltica, en CreArte, Espazo para o teatro e o crecemento en Bertamiráns, nas cercanías de Santiago.
nekanefdez.wordpress.com
653474085
capes36@hotmail.com