bertamiráns

Nestes talleres os participantes teñen a oportunidade de explorar os propios recursos, observar a personaxe que utilizamos a cotío, traspasala, e así profundizar no coñecemento de un mesmo e dos propios límites.

OBXECTIVO PRINCIPAL DOS MONOGRÁFICOS. Conectar co potencial creativo e a propia forza a través dos arquetipos. Descubrir cales predominan en cada un de nós e cales nos gustaría desenvolver: O Herói, a Víctima, a Nai, o Diaño, Diana Cazadora, a Virxe, o Neno, o Tramposo, o Iluminado e o Simple. Cada un ten un misterio, unha enerxía. E TI, CAL CRES QUE NON ES?

SISTEMA DE TRABALLO basado na técnica de Michel Chejov no que se refire ao xesto psicolóxico (xesto físico+frase): cada arquetipo ten un centro de enerxía onde te colocas e de onde xurde a vida da personaxe (voz, ritmo, e  movemento), por exemplo, no heroi o centro sería o peito. Por outro lado  ten cada un o seu disparador, frase clave para atopar o arquetipo e  no caso do heroi sería “Claro que podo”. Unimos así corpo e mente.

Trátase de explorar os nosos talentos e ir integrando eses novos matices que irán xurdindo ao longo do proceso, revisando así o autoconcepto.

Datas:  Sábados de 10 a 14,30.

Sábado 19 Outubro, 16 Nov, 14 Dec, 18 Xan, 15 Febr, 14 Marzo, 18 Abril, 16 Maio, 13 Xuño, 11 de Xullo.

Lugar: Espazo de Teatro CreArte, Rua Agelo 12, baixo1, Bertamiráns.

Participantes: Mínimo 6, máximo 12

Cuota: 40€ cada monográfico si te comprometes a facer todo o ciclo. Si sobran plazas podes facer algún solto, o prezo sería 50€.

Nekane Fernández

Doutora en Teatro e Expresión corporal pola UDC. Psicóloga formada en gestalt, e actriz.

Fórmase en diferentes cursos de Interpretación ante a cámara con directores de cine como Mariano Barroso ou Jaime Chávarri; de teatro como Claude Boucheval, Jacques Nichet, Helena Pimenta ou Johnn Wright. En clown da man de Johny Melville, Philippe Gaulier ou Elliot, Alan Vignau ou Nestor Muzo. En cabarettécnica vocal e clown terapéutico con diferentes mestres.

Traballa como actriz en compañías como o CDG, Chévere, ou Contracontos.

No audiovisual participa en series da TVG como Rías Baixas ou Padre Casares.

Ten 20 anos de experiencia como formadora en Teatro e Clown para nen@s e adultos, especializándose no traballo con Arquetipos para actores en non actores.

Actualmente participa nos previos da formación de Terapia Gestalt na escola Guibor impartindo o módulo de Teatro. Tamén realiza terapia individual con liña gestáltica, en CreArte, Espazo para o teatro e o crecemento en Bertamiráns, Santiago.

nekanefdez.wordpress.com

653474085

capes36@hotmail.com