Neste taller intensivo os participantes teñen a oportunidade de explorar os propios recursos, observar a personaxe que utilizamos a cotío, traspasala, e así profundizar no coñecemento de un mesmo e dos propios límites.

OBXECTIVO PRINCIPAL. Conectar co potencial creativo e a propia forza a través dos arquetipos. Descubrir cales predominan en cada un de nós e cales nos gustaría desenvolver: O Heroe, a Víctima, a Nai, o Diaño, Diana Cazadora, a Virxe, o Neno, o Tramposo, o Iluminado e o Simple. Cada un ten un misterio, unha enerxía. E TI, CAL CRES QUE NON ES?

SISTEMA DE TRABALLO basado na técnica de Michel Chejov no que se refire ao xesto psicolóxico (xesto físico+frase): cada arquetipo ten un centro de enerxía onde te colocas e de onde xurde a vida da personaxe (voz, ritmo, e  movemento), por exemplo, no caso do herói o centro sería o peito. Por outro lado  ten cada un o seu disparador, frase clave para atopar o arquetipo e  no caso do heroe sería “Claro que podo”. Unimos así corpo e mente.

Trátase de explorar os proprios talentos e ir integrando eses novos matices de un mesmo.

Data:  SÁBADO 18 de Febreiro

II parte: sábado 18 de Marzo.

Horario: 10 a 20,30. (duas horas para comer)

Lugar: Espazo de Teatro CreArte, Rua Agelo 1, baixo1, Bertamiráns.

Participantes: Mínimo 6, máximo 10

Cuota: 100€

Facendo os dous o precio total é 175€

Acompaña: Nekane Fernández

Nekane é doutora en Teatro e Expresión corporal pola UDC. Psicóloga formada en gestalt, e actriz.

Nekane Fórmase en diferentes cursos de Interpretación ante a cámara con directores de cine como Mariano Barroso ou Jaime Chávarri; de teatro como Claude Boucheval, Jacques Nichet, Helena Pimenta ou Johnn Wright. En clown da man de Johny Melville, Philippe Gaulier ou Elliot, Alan Vignau ou Nestor Muzo. En cabarettécnica vocal e clown terapéutico con diferentes mestres.

Traballa como actriz en compañías como o CDG, Chévere, ou Contracontos.

No audiovisual participa en series da TVG como Rías Baixas ou Padre Casares.

Ten 20 anos de experiencia como formadora en Teatro e Clown para nen@s e adultos, especializándose no traballo con Arquetipos para actores en non actores.

Actualmente participa nos previos da formación de Terapia Gestalt na escola Guibor impartindo o módulo de Teatro. Tamén realiza terapia individual con liña gestáltica, en CreArte (Espazo para o teatro e o crecemento)  Bertamiráns, nas cercanías de Santiago.

nekanefdez.wordpress.com

653474085

capes36@hotmail.com