Actriz

Nekane no espectáculo de cantos y contos "Yin"Nesta sección ofrézovos información sobre os meus traballos como actriz, nos que participei e os que están en cartel na actualidade. Teatro, cine, audiovisual, contos…

  • ¡¡ ESPECTÁCULO EN CARTEL !! YIN

Actualmente, poden ver o espectáculo de cantos e contos Yin, que fala sobre a delgada línea que separa o masculino do femenino, da aceptación da parte feminina que todo ser humano leva dentro.

Máis inforamción sobre o espectáculo Yin.

CONTRATACIÓN

capes36@hotmail.com
981 943 670 / 653 474 085

  • CITIZEN, obra de teatro de Manuel Cortés.

Compañía: Chévere (2010-2011)

A Compañía Chévere presenta unha interesantísima e innovadora proposta teatral: Citizen, inspirada no Citizen Kane (1941) de Orson Welles, que analiza e cuestiona os fundamentos da sociedade capitalista a través da crítica a un individuo que formou un imperio éconómico no último tercio do século XX. Trátase da historia inventada dunha personaxe real, Arsenio Ortigueira, que fai alusión a Amancio Ortega, fundador de Zara.

Dividida en tres actos (dura 4 horas), a obra fala do impacto da globalización sobre os individuos e as colectividades. Con 7 actores no escenario (Nekane Fernández, no papel de traballadora da fábrica), Chévere aposta pola desnudez escénica e pola cercanía dos actores, pero tamén explora outros tipos de recursos narrativos (cámaras que proxectan en directo o que pasa no escenario) e os incorpora á linguaxe teatral. Citizen foi galardonada con cinco premios na XVI edición dos Premios María Casares.

Obra de Teatro "Citizen"Trailer de Citizen

CINE

  • “Bichos raros” curtametraxe. Produccións Ficción (2006).
  • «Más que hermanos»  realizada por Ramón Costafreda (2005). Nekane Fernández, como actriz de reparto, no papel de Ester.
  • «El lápiz del carpintero» realizada por Antón Reixa (2002). Nekane Fernández, como actriz de reparto, no papel de costurera.
  • g10p32f2«Entre bateas« realizada por Jorge Coira (realizador da coñecida serie «Terra de Miranda» estreouse no ano 2002 e convertéuse na mellor película do ano cos oito premios Mestre Mateo do audiovisual galego: director, actriz de reparto (Nekane Fernández, no papel de muller de Mario), dirección artística, película de TV, montaxe, banda sonora, son e o premio do público. Ambientada na Ría de Arousa, Entre Bateas conta a historia de Mario, un contrabandista de tabaco e de seu amigo Sego, que acaba convertíndose nun narco. E tamén da relación tormentosa de Mario e a súa muller -a causa dos seu traballo – e os conflictos entre as redes de narcotraficantes. Persecucións no mar, crime, amistade, amor…un cóctel explosivo que conquistou ao público dos primeiros anos do 2000.

Ver a película «Entre Bateas»

SERIES DE TELEVISIÓN

  • “Padre Casares” (2010) realizada por Manuel A. Espiñeira.
  • “Matalobos” realizada por Toño López y Jorge Saavedra. Nekane Fernández, como actriz de reparto, no papel de Natalia (6 capítulos, 2009-1010).
  • “Maridos e mulleres” realizada por Jordi Frades e Gerardo Rodríguez (1 episodio, 2008).
  • “A vida por diante” realizada por Carlos Sedes (1 episodio, 2006).
  • “Rías Baixas”, Produccións Zenit (2003-2004).
  • “Galicia Express” realizada por Patricia del Monte y Antón Reixa , Nekane Fernández, como actriz principal, no papel de Isabel (2000).

TITIRITERA

actriz-nekane-titiritera14º Festival Internacional de Títeres Redondela 2013,  A OBRA “Lume” (basada nun conto de Alberto Varela publicado pola editorial Xerais), con Larraitz Urruzola y Nekane Fernández.

TEATRO

  • «A volta ao mundo» e «O tenederete da cachifallada». Grupo Alocamotora, 2010.
  • Narradora oral del espectáculo YIN dirigido por Javier Rocamora, protagonizado por Javier Rocamora y Nekane Fernández. 2009.
  • A música no camiño de Santiago, narradora deste espectáculo-concerto para as peregrinacións en Compostela, 2007.
  • Inauguración da casa da agua de A Coruña, acompañando polo grupo ELS COMEDIANTS, 2007.
  • “Nini no planeta dos iguais”, espectáculo basado no conto “La niña invisible”, de Tove Jansson, dirixido e protagonizado por Nekane Fernández, 2007.
  • “Os vellos non deben namorarse”, de Castelao. Dir. Manuel Areoso. Centro Dramático Galego, 1999-2000.
  • “Adubios”, con Monicreques de Kukas, 1996.
  • “Na casca duna árbore”, dirixida por Marcelino de Santiago, Kukas, 1992.
  • “A carrapuchiña vermella” e “Zoombies”, dirixidas por Luis Gonzalez. 002 Teatro, 1990 – 1991.
  • “O informe”, de F. Kafka, dirixido por Suso Medal. Compañía Troula, 1986.
  • “A mais forte”, de Strindberg, dirixida por Carlos Clemente. Grupo da Escola Danthea, 1985.

CONTRACONTOS

  • Contaconto "Caperucitoloxía"Caperucitoloxía (1999), por «Contracontos«

O espectáculo de contracontos Caperucitoloxía, de creación colectiva, foi escrito e protagonizado polos primeiros Contracontos: Paula Carballeira, Pili Alonso, César Goldi e Nekane Fernández. Trátase de diferentes versións disparatadas do conto de Carrapuchiña Vermella, cheo de ideas brillantes que entusiasman ao público polo seu humor e a súa orixinalidade. Entre as personaxes contracontos encóntrase: Mr. Wolf – un lobo existencialista inglés -un cazador catalán; un ciudadano apasionado polo mito; un licenciado en caperucitoloxía por Oxfod; e Horacio, un académico recalcitrante que pretende ser el protagonista de la historia. Nominacións aos Premios María Casares de Teatro por Mellor espectáculo e Mellor actriz protagonista.

PREMIOS E MENCIÓNS

  • Nominada a MELLOR ACTRIZ PROTAGONSITA por “Entre Bateas” (2001).
  • Nominacións aos premios María Casares de Teatro por MELLOR ESPECTÁCULO e MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA, por “Caperucitoloxía” (2000).

Visualizar o Curriculum Vitae de Nekane Fernández.

Máis información en Sobre Nekane.

Deja un comentario